Alejandro Cimadevila Louzao

Inicia a súa formación musical na súa vila natal, A Estrada, co mestre Eulogio López Masid
e posteriormente no conservatorio da citada vila. Trasládase para continuar os seus estudos ao
Conservatorio Superior de Música de A Coruña onde, sendo alumno do mestre Narciso Pillo, remata
o Grao Superior na especialidade de Saxofón con Matrícula de Honor. No ano 2006 foi galardoado
co 1º Premio á Excelencia Musical de Galicia e no ano seguinte grava un disco co pianista Gabriel
López titulado Variations Pathétiques.
Como saxofonista colabora con infinidade de agrupacións musicais, entre outras o grupo
intrumental Siglo XX, Zoar Ensemble, Banda Municipal de Ourense, Banda Municipal de A
Coruña, Banda Municipal de Pontevedra, Orquestra Gaos, ou a Orquestra Sinfónica de Galicia, da
que é colaborador habitual. É membro fundador do Dúo de Saxofóns Cimadevila – Mariño e do
Cuarteto Skirion co que gravou no ano 2014 un disco titulado Recitation Book e ten actuado en
diversos lugares ao longo da xeografía española e europea.
Coma profesor ten impartido clase en diversas escolas e conservatorios profesionais e
superiores de Galicia.
Do ano 2008 ao 2011 colleu a batuta da Banda de Música Xuvenil de Barro coa que realizou
diversos concertos e acadou, entre outros, o 1º Premio no IV Certame Galego de Bandas de Música.
Na actualidade é o director da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla