99 anos facendo música que une
un pobo
Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla, Vedra, A Coruña
Eventos
Próximos concertos
Novas
XXIII Festival de Bandas de Música do Patio en Santa Cruz de Ribadulla
O XXIII Festival de Bandas de Música do Patio chega a Santa Cruz de Ribadulla con dúas xornadas cheas de música e celebración, incluíndo unha noite de verbena e actuacións de diversas bandas.
Concerto de Nadal da Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla
A Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla, dirixida polo mestre Alejandro Cimadevila, convídanos ao seu tradicional Concerto de Nadal o 28 de decembro na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla.
XXII Festival de Bandas de Música do Patio en Homenaxe a Juan Castro Fernández
El Pazo de Ortigueira en Santa Cruz de Rivadulla acoge el XXII Festival de Bandas de Música do Patio, un evento de dos días en homenaje a Juan Castro Fernández con destacadas agrupaciones musicales.
A BMSCR
Director
Alejandro Cimadevila Louzao
Director MusicalInicia a súa formación musical na súa vila natal, A Estrada, co mestre Eulogio López Masid e posteriormente no conservatorio da citada vila. Trasládase para continuar os seus estudos ao Conservatorio Superior de Música de A Coruña onde, sendo alumno do mestre Narciso Pillo, remata o Grao Superior na especialidade de Saxofón con Matrícula de Honor. No ano 2006 foi galardoado co 1º Premio á Excelencia Musical de Galicia e no ano seguinte grava un disco co pianista Gabriel López titulado Variations Pathétiques.Como saxofonista colabora con infinidade de agrupacións musicais, entre outras o grupo intrumental Siglo XX, Zoar Ensemble, Banda Municipal de Ourense, Banda Municipal de A Coruña, Banda Municipal de Pontevedra, Orquestra Gaos, ou a Orquestra Sinfónica de Galicia, da que é colaborador habitual. É membro fundador do Dúo de Saxofóns Cimadevila – Mariño e do Cuarteto Skirion co que gravou no ano 2014 un disco titulado Recitation Book e ten actuado en diversos lugares ao longo da xeografía española e europea.Coma profesor ten impartido clase en diversas escolas e conservatorios profesionais e superiores de Galicia.Do ano 2008 ao 2011 colleu a batuta da Banda de Música Xuvenil de Barro coa que realizou diversos concertos e acadou, entre outros, o 1º Premio no IV Certame Galego de Bandas de Música.Na actualidade é o director da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla.
Coñece o director