Historia

No ano 1927 fórmase a Banda de Música en Santa Cruz de Ribadulla, por iniciativa de D. Juan López, nado en Barcelona pero relacionado con Santa Cruz ó ser de alí os seus proxenitores. Quedou orfo os tres anos e investigando sobre as súas orixes chegou ás terras do Ulla donde comezou os cementos da Banda. Fora músico militar na Banda de Melilla e logo tamén da Municipal de Santiago.
Foi en 1929 tras dous anos de intenso e duro traballo, xa que eran tempos difíciles, cando a Banda de Santa Cruz de Ribadulla fai a súa primeira actuación como tal, nunha visita oficial dun Principe ao Pazo de Ortigueira. Logo actúa nas festas do Patio con outras bandas e vaise abrindo camiño no mundo bandístico. Co comezo da Guerra Civil a Banda estivo inactiva ao igual que moitas outras do noso pais, pero xa rematada continúa coa súa actividade, baixo a batuta de mestres como: D. José Reboredo, D. Ricardo Fernández Carreira (Banda Municipal de Santiago), D. Manuel Estévez (Coro da Catedral de Santiago), D. Camilo Rodríguez Alonso, D.
Francisco Escobar (Comandante director da Banda Militar da Mariña de Ferrol), D. Fernandez Barros (Banda Municipal de Santiago), D. Bernardo García del Río, o cal marcou toda unha época na Banda, xa que foi director durante un cuarto de século. Foi tamén durante a súa dirección cando a Banda chegou a gozar dun maior explendor, D. Arsenio Alonso (co cal se cambiou o instrumental da Banda para lograr a nova afinación), D. Delio Represas (na etapa que él leva a batuta da Banda ponse en marcha a Escola de Música, formando e dirixindo o Grupo de Cámara co cal se fixeron infinidade de actuacións e ata se realizou unha grabación), D. Jesús Amboaje (Banda do Ministerio e Banda da Lexión de Málaga co cal se leva a cabo unha grabación), D. César Núñez (Banda Municipal de Santander), D. Mario Tubío (Banda Municipal de Santiago), D. Juan Lois Diéguez, co cal acadaron o primeiro premio na sección primeira do Certame Nacional de Bandas de Música de Leganés e o primeiro premio no Certame Nacional de Bandas Vila de La Sénia (Tarragona).
A Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla ten realizado concertos e actuacións por toda a xeografía galega, Portugal e diversos puntos de España (Madrid, Zamora, Barcelona, Valencia, …), tamén participa en festivais de bandas, e como non, organiza o seu propio, o Festival de Bandas de Música do Patio, realizado no popular e incomparable marco do Pazo de Ortigueira (Santa Cruz de Ribadulla).
Realiza tamén a grabación dun traballo titulado “PASODOBLEANDO”, que como o seu nome indica recolle distintas composicións populares galegas e españolas, e doutro chamado “RICO VACILÓN” que recolle distintos bailables recoñecidos.
Dende a canteira, Santa Cruz conta nestes intres cunha escola de música da que xurdiu unha Banda Xuvenil formada por cuarenta alumnos, que augurian a continuidade da Banda. Saíron tamén da canteira grandes e importantes músicos que traballan e traballaron en bandas como a Municipal de A Coruña, Municipal de Santiago, Colectivo Harmonía, e outras bandas militares como a Banda da Garda Civil e a Unidade de Música do Cuartel Xeral do Mando Rexional Pirenaico de Barcelona.
Na actualidade a Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla está formada por sesenta profesores, e a fronte da dirección titular, o mestre galego D. José Rodriguez Ramos, co cal recentemente acadaron o primeiro premio na sección segunda no VII Certame Galego de Bandas de Música Populares.[:es]En el año 1927 se forma la Banda de Música en Santa Cruz de Ribadulla, por iniciativa de D. Juan López, nacido en Barcelona pero relacionado con Santa Cruz al ser de allí sus progenitores. Quedó huérfano a los tres años y, investigando sobre sus orígenes, llegó a las tierras del Ulla, donde comenzó los cimientos de la Banda. Fue músico militar en la Banda de Melilla, y también en la Municipal de Santiago.

Fue en 1929, tras dos años de intenso y duro trabajo, ya que eran tiempos difíciles, cuando la Banda de Santa Cruz de Ribadulla hace su primera actuación como tal, en una visita oficial de un Príncipe al Pazo de Ortigueira. Luego actúa en las “Festas do Patio” con otras bandas y se abre paso en el mundo bandístico.

Con el comienzo de la guerra civil, la banda estuvo inactiva, al igual que muchas otras del país, pero ya acabada la guerra continúa con su actividad, bajo la batuta de maestros como:  D. José Reboredo, D. Ricardo Fernández Carreira (Banda Municipal de Santiago), D. Manuel Estévez (Coro de la Catedral de Santiago), D. Camilo Rodríguez Alonso, D. Francisco Escobar (Comandante director de la Banda Militar da Mariña de Ferrol), D. Fernandez Barros (Banda Municipal de Santiago), D. Bernardo García del Río, el cual marcó toda una época en la Banda, ya que fue director durante un cuarto de siglo. Fue también durante su dirección cuando la banda gozó de mayor esplendor, D. Arsenio Alonso (con el cual se cambió el instrumental de la Banda para lograr la nueva afinación), D. Delio Represas (en la etapa que él lleva la batuta, la Banda pone en marcha la Escuela de Música, formando y dirigindo el Grupo de Cámara, con el cual se hicieron infinidad de actuaciones, y hasta se realizó una grabación),  D. Jesús Amboaje (Banda del Ministerio y Banda de la Legión de Málaga con el cual se lleva a cabo una grabación), D. César Núñez (Banda Municipal de Santander), D. Mario Tubío (Banda Municipal de Santiago), D. Juan Lois Diéguez